17 de maio + internet + galego + futuro

martes, 4 de septiembre de 2007

Remate das actividades de verán

Chegaron ao seu fin as actividades programadas para este verán 2007 na Aula de Informática da Casa do Concello.

A participación non foi moi elevada, pero as persoas que se achegaron, penso que marcharon satisfeitas e con algúns novos coñecementos no que a novas tecnoloxías se refire.

Tivo bastante éxito o obradoiro "Circuíto infantil pola rede" do cal, xa vos puxen un bo lote de enlaces a páxinas infantís ( por ahí abaixo queda).

No obradoiro de "Inglés para nenos na rede" empregando a páxina www.britishcouncil.org/kids e diccionarios virtuais, o que máis gustou foron os xogos que facíamos coas fichas de vocabulario de diversos temas. O mural que vedes aquí, fixérono nun xogo deses. Consistía en que eu lles poñía diante un montón de fichas desordenadas, relacionadas co tempo meteoroloxico, lugares e animais, e eles tiñan que facer parellas. Tiñan en cadanseu ordenador un diccionario online inglés-español, ao cal recorrer se non coñecían as palabras. Ao final, había un pequeno agasallo para cada un, pero escollía en primeiro lugar, o que máis parellas formara. Finalmente, pegáronas todas nun papel na parede.

Noutros obradoiros levados a cabo, os nenos familiarizáronse con programas libres coma Impress e Writer, este último, a través de diversas prácticas que tentei que foran o máis atractivas posibles; (anque coas tabulacións non se levaron moi ben).