17 de maio + internet + galego + futuro

martes, 29 de mayo de 2007

Cea de clausura do curso de informática e internet o pasado 24 de maio


Pois aquí nos vedes. Non estaban todos os que eran pero sí eran todos os que estaban. O Concello de Frades tivo a xentileza de invitar aos participantes e á dinamizadora do "curso de informática e internet" que se veu desenvolvendo entre febreiro e abril deste ano, a unha rica cea ( con marisco incluído eh!) na parroquia de Abellá. Na foto estamos cos diplomas. O señor do centro que está axeonllado é o Alcalde, Miguel, ao seu lado de vermello estou eu, e de dereita a esquerda preséntovos a; Jesús, Manuel (axeonllado), Teresa, Isabel, Paula, José Luis, Encarna, Máximo, Mª Carmen, Marisol, José, Suso, abaixo ao meu lado Estefanía, Soledad (con muletas, por certo, e aínda lle queda para uns meses así que desexámolle paciencia e que se recupere o máis pronto posible) . Detrás dela está José María e á esquerda de todo María José. Ah! e só falta Alberto, que non lle gustan as fotos, polo que adoptou o rol de fotógrafo.
En definitiva, que o pasamos moi ben e o único aspecto negativo para min foi que, ao ter que voltar a Santiago conducindo non puiden probar nin unha gotiña do saboroso viño de Amandi... que lle imos facer a próxima vez direille a alguén que me veña buscar.

Contos dixitalizados

Clicando nas seguintes direccións poderedes ver e ler os dous contos que os nenos do obradoiro sobre libros electrónicos, celebrado o pasado día 11 de maio, dixitalizaron co escáner a través dun OCR e posteriormente, logo de correxilo e facerlle unha portada, converteron a PDF. O primeiro é de Vicente Risco e o segundo de Castelao.

https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/upload/cen/not/18-35-d-risco%20pdf.pdf
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/upload/cen/not/18-39-d-castelao.pdf

viernes, 25 de mayo de 2007

CONSIGUE UNHA CAMISETA A CAMBIO DUN COMENTARIO

Benvid@!!
Se estás lendo isto e eres do Concello de Frades seguramente viras o anuncio que puxen na aula de informática, no que vos animo a conseguir unha camiseta ou un porta cd entrando neste blog. Se non viches o anuncio na aula de informática pero eres do concello de Frades tamén podes participar.
Pois ben. O xeito de gañala é moi sinxelo. Só tes que enviar un comentario (cunha extensión mínima de 9 liñas) a este artigo (clicando na palabra "comentarios" que aparece xusto ao remate en azul, xa che aparecerá unha ventaniña onde poderás escribir).
Debes presentarte (nome e idade) e contarme un pouco que che parece o mundo no que actualmente estamos mergullados das novas tecnoloxías e a sociedade da información. ¿Ves vantaxes e utilidade nos ordenadores? ¿e en internet? ¿ que che gusta máis de internet e para que o soes empregar?. Cóntame se empregas a miúdo aparellos tecnolóxicos como son o dvd, a cámara dixital, o mp3 ou ipod... ou por suposto, o ordenador e dime cal é o teu preferido. Tamén podes comentarme se cres que as novas tecnoloxías nos están a saturar ou pola contra teñen que implantarse máis e millor. ¿Lembras o teu mundo sen ordenadores, dvds, internet ou fotos dixitais? se é así ¿cres que antes se vivía mellor?
Bueno, estas son algunhas cuestións que me gustaría ver nos comentarios que fagades.
Agora atención:
Os cinco primeiros comentarios que cheguen ao blog, feitos por veciños e veciñas de Frades, obterán unha camiseta. Os catro comentarios seguines obterán un porta cd.
Pero isto non é todo. Se chegan ao blog un mínimo de 8 comentarios sortearase entre todos un pen drive para que poidas levar os teus arquivos dun ordenador a outro.
Sorte!
NOTA; a dinamizadora e adminsitradora do blog reservase o dereito de eliminar os comentarios que considere que non se axustan aos contidos requeridos e por suposto, os que estean redactados con palabras malsoantes ou sexan ofensivos.

jueves, 24 de mayo de 2007

A Rede de Dinamización estrea páxina web


Se vos fixades na lista de enlaces de interese que están á esquerda veredes como hai un novo,(páxina oficial da Rede de Dinamización). Se clicades nel iredes a parar á páxina web dos dinamizadores da sociedade da información, que estamos a desenvolver a labor de achegamento das novas tecnoloxías á poboación por toda Galicia. Como sabedes, esa é a nosa misión; procurar que as persoas, en especial aquelas que nunca ou apenas tiveron contacto con ningún aspecto da sociedade da información, coñezan e saiban empregar mellor as novas tecnoloxías e lles vexan a utilidade que teñen, que non é pouca.
En dita páxina, vos poderedes dar unha volta por tódalas entidades incluídas neste ambicioso proxecto, incluído Frades, por suposto; e ver o que son e o que fan.
Non o dubidedes e viaxade coa Rede de Dinamización e coas novas tecnoloxías por toda Galicia.
Saúdos!

martes, 22 de mayo de 2007

COLLAGE DE MARÍA MARIÑO






Como vedes aquí arriba, os participantes do obradoiro "Concurso de collages de María Mariño", ao final non tiveron que competir entre eles. No canto diso, uniron as súas creatividades e imaxinación e elaboraron este cartel tan chulo que vedes. Está exposto na aula de informática e agora tamén o podedes ver aquí, no blog da dinamizadora de Frades.
E non me esquezo dos relatos que os nenos (Paula, José, Olalla e Anxo) converteron en libro dixital e lles fixeron cadansúa portada, no obradoiro de libros dixitais. En breve poderédelos ler e disfrutar, o mesmo que coa visualización deste collage.



martes, 15 de mayo de 2007

Temos moitas celebracións!

¡Bos días a todos!
aquí estou de novo para informarvos de como se desenvolveron as actividades programadas para o 10 e 11 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas , que, lembremos, tamén será o Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, o 17 de maio.


Pois ben, ditas actividades consistiron en dous obradoiros; un concurso de collages sobre María Mariño, a poeta noiesa homenaxeada este ano, e un obradoiro sobre libros dixitais. Ambolos dous cunha duración de 4 horas cada un. Se ben teño que matizar que o obradoiro de collages se vai rematar este mércores día 16 xa que os participantes non conseguiron rematar as súas obras o día propio da actividade.

¿A participación? pois cinco foron, en total, as persoas que se apuntaron ás actividades e que agardo que pasaran un rato agradable e aprenderan algunhas cousas. Ademáis todas elas terán un pequeno agasallo por cortesía da Rede de Dinamización, que poderán recoller en canto me cheguen ao Concello.

Aquí podedes ver un par de fotos dos momentos onde estabamos a dixitalizar un cachiño do libro "Antoloxía do conto Galego", que recolle contos escritos por insignes autores galegos. Nos, escollemos os dous primeiros , un de Vicente Risco e outro de Castelao. En canto poida subireinos a este blog para que os podades ler en formato PDF.
AH! e a partires do 17 de maio poderédesvos achegar pola aula de informática para ver os collages que, a modo de exposición, colgaremos nas paredes. ¡Seguro que vos gustan!

miércoles, 9 de mayo de 2007

CHARLA DE SOFTWARE LIBRE

Para o día 1 de xuño está programada unha charla sobre o software libre e este que vedes aquí é un dos anuncios para dala a coñecer.
Terá lugar na aula de informática ou no multiusos que está xusto detrás do edificio da Casa do Concello.
Será a plataforma de Iniciativa Galega polo Software Libre, Mancomun.org a encargada de impartila.
A modo introductorio comentarvos que hai dous tipos de software; o privativo e o libre. O privativo seguro que é o que coñecedes mellor porque é o de Windows e o MacOS, pero se falamos de Linux... ¿sonavos?. Pois o Linux é un sistema operativo que pertence á categoría de software libre. E ¿ en que se diferencian o privativo do libre? pois en que o segundo non ten tantas limitación á hora de usalo, modificalo e distribuílo. Por exemplo, é ilegal copiar o windows vista, o xp o 98... e dárllelo aos teus amigos, pero non o é facer unha copia do teu sistema operativo Linux para entregarllo a outra persoa. Cando falamos de software libre non só falamos de sistemas operativos senón tamén de moitos programas e utilidades de calidade e que en moitas ocasións son gratuítas ou apenas teñen custe. En definitiva, que hai que enterarse de que vai todo isto!!!
Agardamos que sexa de interese e proveito para todos e que participen moitas persoas maiores, medianas e pequenas.

viernes, 4 de mayo de 2007

DE ESTREA

Ola e benvidos a todos a este blog dinamizador que chega ao Concello de Frades un pouquiño tarde pero chega. O obxectivo é facer un seguimento da actividade dinamizadora que aquí se leva cabo no mundo das Novas Tecnoloxías e Sociedade da Información, compartir experiencias, difundir informacións relacionadas coa Rede de Dinamización e bueno, o que vaia xurdindo. Agardo telo o máis actualizado posible xa que, como dicía o profe de Pontevedra o segredo do éxito dun blog está na actualización, lóxico.
Téñovos que poñer ao tanto no só dos acontecementos futuros senón tamén dos que xa foron, porque a semana pasada rematou o curso de informática básica e internet que se viña desenvolvendo dende febreiro. Dito curso estaba programado xa dende o Concello antes de que eu chegara; eu decidín os contidos e estructureinos en obradoiros. Foron os seguintes:
O ordenador, ese estrano aparello; achegamento a internet; o correo electrónico; mensaxería instantánea, foros, chats e blogs; e finalmente un obradoiro de saúde. Os participantes foron entorno aos 22 anque 30 eran os apuntados.
Agora veñen as actividades para o Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e Sociedade da Información, uff que longo. Pero eso será materia para outro artigo, así que un saúdo para todo o Concello de Frades, en especial ás veciñas e veciños que xa participaron na primeria actividade e ás compañeiras e compañeiros da Rede de Dinanización e ánimo a todos.