17 de maio + internet + galego + futuro

viernes, 31 de agosto de 2007

O MEU PROFE DA FACULTADE

Xesús Rodríquez, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, é o director, ademáis, da Revista Galega de Educación.
Lembroo coma un dos bos profesores que tiven cando cursei Educación Social. Deume un par de asignaturas pero agora so me ven á cabeza a de Didáctica da Educación de Adultos (aínda me acordo do día do exame e de como me devanei os sesos entre o material e as preguntas. Non fora cousa calquera aquel exame, non. Paréceme que non levara moi boa nota pero polo menos non tiven que repetilo.
Bueno, vou ao que vou. O domingo pasado vin un artigo en “la voz de Galicia” titulado “A FENDA DIXITAL É UNHA NOVA FORMA DE DESIGUALDADE”, que ademáis enmarcaba unha gran foto de Xesús Rodríquez. “¡¡anda, o meu profe!!, a ver a ver”...
O artigo recollía as súas reflexións sobre o concepto de “fenda dixital”orientadas especialmente ao ambito da educación formal.
Para el a fenda dixital afectaría a varios aspectos relacionados coas TIC. Por un lado, o tema da dotación nos centros. Uns están moi ben surtidos e outros non tanto. Por outro lado, a formación dos docentes no ámbito das TIC aplicadas á educación tamén é moi desigual, habendo docentes que levan xa anos traballando coas novas tecnoloxías e outros moitos que aínda as descoñecen. Comenta tamén a desigualdade entre zonas rurais e urbanas (sen éstas últimas estár moi postas non tema), e tamén toca a problemática da fenda xeracional, que ven sendo que os pais non teñen nin pajolera idea do que fan os seus fillos co ordenador nin con internet, porque descoñecen case por completo o que é un ordenador e internet. Ata ahí todo ben, dacordo.
Pero hai no artigo un cacho de texto que vou a copiar tal cal para que me deades a vosa opinión.
“Ademáis, pensa (X.R), que as figuras que están poñendo en marcha, como a dos dinamizadores tecnolóxicos, non están a cumprir axeitadamente a súa función porque “saben moito de informática, pero de ensinar coas novas tecnoloxías, nada de nada”
Cando lin esto flipei un pouco. Se se refire a nós, os dinamizadores da sociedade da información), estame demostrando dúas cousas:
Por unha banda descoñece o perfil profesional de moitos dos que estamos neste “Proxecto da Rede de Dinamización” (educadores, traballadores sociais...) que nos capacita para levar a cabo accións formativas. Nós somos axentes capaces da transmisión , axuda e apoio nos procesos de aprendizaxe doutros colectivos. Sabemos dedectar necesidades, programar e levar a cabo proxectos de intervención socioeducativa, e non só con nenos senón con adultos, maiores, discapacitados...
Un mestre traballa con nenos; un profesor da universidade traballa con universitarios. Os educadores socias traballamos con todo o mundo!, o que supón que temos que ter un máis amplo abano de habilidades sociais.
Por outra banda está descalificando a moitos compañeir@s que tendo a súa formación no ámbito da informática, están agora levando a cabo unha magnífica labor sociopedagóxica de achegamento das novas tecnoloxías a moita xente e en particular a moitos colectivos que o teñen máis complicado que os demáis (maiores, discapacitados) para acceder ás novas tecnoloxías; empregando moitos e bos recursos que existen na rede, e creando incluso recursos propios.
A algúns destes compañeir@s poida que lles costase algo máis ao principio porque ao mellor nunca traballaran desenvolvendo accións formativas con inmigrantes, parados, terceira idade, nenos!! e carecían de coñecementos que son básicos noutras carreiras de ciecias da educación. Do mesmo xeito, os que non somos de informática tamén nos viamos super inseguros cos ditosos ordenadores!.
Coa formación que recibimos todos os dinamizador@s, que non foi moi extensa e non estivo libre de atrancos diversos; coa que xa tiñamos de antes, e, sobre todo con empeño e forza de vontade, cada un/unha de nós, procura cubrir as lagoas formativas que ten e facelo o mellor posible.
Resumindo; a REDE DE DINAMIZACIÓN SÍ QUE SABE ENSINAR COAS NOVAS TECNOLOXÍAS. Temos habilidades, temos imaxinación, somos creativos; quizais, moit@s de nós non saibamos tanto de informática pero, iso sí, o que sabemos, sabémolo transmitir.
Só quero que saibas isto Xesús. De tódolos xeitos, sigo pensando que eres un bo profe.
Un saúdo.

martes, 21 de agosto de 2007

LISTADO DE PÁXINAS PARA NENOS

O que segue é un listado de páxinas web, (separadas por comas) especialmente indicadas para os máis peques da casa. A recompilación fíxena a raíz do obradoiro "Circuíto infantil pola rede". Por suposto, non nos deu tempo a miralas todas, xa que, anque o obradoiro durou finalmente 9 horiñas ( 5 máis do previsto), a cousa quedaba bastante axustada para t, anta información.
Penso que estas son das mellores que hai. Se tendes nenos, sobriños, netos... xogade con eles, xa veredes que ben o pasades.


http://www.lastresmellizas.com/, www.edu.xunta.es/xogos/, http://www.chaval.es/, http://www.supersaber.com/, http://www.planetnemo.com/, www.mediometro.com, http://www.elhuevodechocolate.com/, www.pequejuegos.com, http://www.pilosos.com/, www.kokone.com.mx, http://www.chaval.es/, http://www.elmundodemanu.com.ar/, http://www.gatoconbota.com, http://www.acertijos.net/, http://www.meninos.org/mundodemilu, http://www.esa.int/esaKIDSen/index.htm, http://spaceplace.nasa.gov/sp/kids, http://www.alucine.com/, http://www.aprendejugando.com, http://www.holachicos.com/, http://www.internenes.com, http://www.cerotec.net/aplicaciones/pizarra, http://www.pequelandia.org/menudos, http://www.rtve.es/tve/b/loslunnis, http://www.cervantesvirtual.com, http://educalia.educared.net/, http://www.mundodisney.net/colorear, http://www.juegosjunior.com, http://www.enredos.org, http://www.disneylatino.com, http://www.primeraescuela.com, http://www.dibujosparapintar.com

Ah!! que non se me esqueza a páxina que estivemos empregando para o obradoiro de "Inglés para nenos na rede"; http://www.britishcouncil.org/kids. Visitadea porque non ten desperdicio.

lunes, 20 de agosto de 2007

De volta

Ola a todos!

a tan desexada semaniña de vacacións voou. Agardo que os meus compañeiros dinamizadores a disfrutaran tanto coma min, xa que eu procurei exprimila ao máximo. Evidentemente non fun á praia. Como se fora outono, pasei bos momentos envolta nun fofiño edredón, cun bo libro entre as mans e un té ou café ben quente ao carón. O libro por se tendes curiosidade era "El médico" de Noah Gordon, e certamente volo recomendo. Pero non pensedes que pasei todo o tempo lendo. Fun ás festas de Nogueira, en Chantada, e estiven con todos os meus tíos e algúns primos, saín por ahí, e ata fun a unha voda nun fermoso pazo, onde me colleu o frío e aínda me segue picando a gorxa. Como botei de menos unha sudadeira nalgúns momentos!. Mentres tomabamos uns pinchos nos fermosos xardíns o único que tiña para me tapar era un fino chal.
E é que sempre é o mesmo, os homes van elegantes co único traxe que teñen e non se complican tanto. O seu único quebradeiro de cabeza é elexir unha garabata. En cambio nós, temos que seguir unha estricta cadea de accións case rituais, que comeza escollendo o o que vas levar e logo continúas rompendo a cabeza cos complementos, zapatos, pelos, (arranxalos ou depilalos sen piedade) para finalmente, en plena cerimonia, descubrir, ou peor aínda, que alguén o descubra e cho vaia contar como o mellor chisme do mundo, que alguén leva o mesmo vestido ca ti. Sí amigos, outra rapaza tamén se decidira polo MEU traxe. Aínda menos mal que non era da mesma cor, e os distintos complementos facían que a cousa non cantase moito, pero non me negaredes, rapazas, que que che pase iso é un fastidio.

¿O que?? ¿que a quen lle quedaba millor? dende logo... facedes cada preguntaaaa. Pois a min!! por suposto!! ;-)