17 de maio + internet + galego + futuro

lunes, 30 de julio de 2007

Días de verán


Ola a tod@s. Antes de nada quero enviar un saúdo para todos @s dinamizador@s , unha aperta para os meus compañeiros de Pontevedra, en especial para Noe, Leti e Miguel e outro para Rocío de Lugo (felicidades Roci, polo premio!).
Tamén quero mandar un saúdo a todas aquelas persoas de Frades que se teñen achegado pola Aula de Informática, ben para facer algún obradoiro, ou para empregar os ordenadores libremente, e animalos a que sigan vindo.

En segundo lugar, lémbrovos a páxina contaconfrades.blogspot.com, para que comentedes nela o que queirades ou por se desexades colaborar introducindo algunha cousa.
O outro día, Consuelo, unha señora que veu para o obradoiro de "Introducción á informática para maiores de 60 anos) contoume unha pequenísima parte de todos os contos e cantigas que sabe, que son un montón!!! e que subirei enseguida ao blog.

Actualmente estou a desenvolver o obradoiro "Circuíto infantil pola rede" con nen@s de entre 5 e 10 anos, e teño que dicir que son un encanto e se portan moi ben.
En principio, éste obradoiro tiña unha duración de catro horiñas, pero ao final foi extendido e será de 8 horas. Os pequen@s van coñecendo moi por riba que é iso de internet, pero vanse familiarizando moi directamente con algúns dos recursos adaptados ás súas idades, que son moitos!!



Outra cousa. O mes de agosto irei a traballar pola mañás, co cal me poderedes atopar polo Concello de 9:30 a 15:30.

Ah!! e finalmente, para quen teña curiosidade por saber por que narices o coche me fallou o outro día, direivos que foi a correa do alternador, que non deu máis de sí. Era ela a causante dese estrano ruído. Xa lla cambiaron e o cochiño volve andar ben. Un saúdo tamen para el!!

jueves, 12 de julio de 2007

A expereriencia é un grao

Eu son da opinión de que pasar por todo tipo de experiencias, (que non sexan especialmente negativas ou tráxicas, claro) é positivo. De todo se aprende, sobre todo dos conflictos. Os pequenos problemas cos que nos atopamos na vida e a busca de posibles solucións para eles, dótanos de armas para resolvelos e afrontalos máis positivamente no futuro. Evidentemente, sempre nos atoparemos con situacións novas que poñeran a proba as nosas capacidades e habilidades. Entón podemos dicir que a bagaxe vital dunha persoa, compóñena, entre outras moitas cousas, as capacidades innatas e as que proveñen ou se adquiren a raíz de pasar por distintas digamos, circunstancias . Xa di o dito que a experiencia é a nai da ciencia e eu dende aquí quero reivindicar a importancia enorme da experiencia para que se produza a aprendizaxe.
Non sei por que me lío tanto, se o que quero contarvos é que hoxe vindo para Frades, o coche me deixou tirada. TIRADA no medio do camiño!. Nunca me pasara iso. De súpeto o coche comeza a facer un ruído moi raro e vexo que se me acende o piloto do aceite. Do ACEITE, nin máis nin menos!. Así que me boto a un lado inmediatamente nunha enorme parada de bus que apareceu xusto cando a necesitaba, apago o coche, poño o chaleco ese tan guay e as luces de emerxencia e saio rapidamente a mirar se fora perdendo. Por sorte nada, nin pizca. ¿Vedes? unha nova experiencia que me vai facer aprender algo, porque cando chegue a casa (agora estou no choio que pedín un taxi) penso informarme exáctamente do dos papeis do coche, seguro teléfonos... tamén penso abrir o capó do coche e facer o que meu irmán, coa maior calma e claridade, tentaba explicarme por teléfono. -"Agarda un pouco a que coche arrefríe e logo, con moito coidado, abre o capó e mira a varilla do aceite e bla bla bla non sei que de dúas marcas entre as cales tiña que estar o nivel axeitado... Pero o certo é que nese momento preferín non facelo ( nin siquera atopaba a panca para abrir o capó que se supón que está debaixo do volante!!) cos coches ruxindo e facendo abanear o meu auto-xa-non-móbil cando pasaban polo lado e un sol de xustiza sobre a miña cabeza (o primeiro día caluroso de verdade neste pseudo verán de pacotilla, cago na mar).

Nese momento, o descoñecemento e uns poucos de nervios fixeron que non tocase nada, pero na casa con máis tranquilidade estarei encantada de coñecer á señora varilla e á señora panca do capó, así que xa vos contarei que tal!.

DE BITÁCORAS VAI O CONTO

Esta dinamizadora vai tolear. O nenos que traballan comigo neste novo blog que pretende ser un lugar para lembrar contos, lendas, pratos tradicionais, historias de familia, fotos... son uns terremotos de cu inquedo que á mínima se me revolucionan. Un día tiñaos que grabar e despois colgar o video na propia páxina, porque sempre hai algún show (así polo estilo dos tonechos).
Pero imos ao importante, a páxina é: contaconfrades.blogspot.com, podedes acceder a ela nos vínculos do lado tamén.
Nela podedes ver as cousiñas que o os nenos recompilaron e subiron ao blog polo de agora. Agardo que estes rapaces sigan colaborando asiduamente e que se vaian sumando outros veciños que tamén teñan cousas que contar.
Lembrade que a parte de botarlle unha ollada podedes comentar cada un dos artículos dun xeito moi sinxelo. E se alguén quere participar que non dubide en achegarse pola Aula de Informática, polas tardes en xullo e polas mañás en agosto. Ou se non poden achegarse poden enviarme o que consideren oportuno á dirección de correo electrónica casaescola@yahoo.es
Saúdos!!

martes, 3 de julio de 2007

O problema da participación

A xente non se entera ou non quere enterarse de que teñen un servizo de Aula de Informática e ademáis se desenvolven acitividades nela.
No tempo que levamos desenvolvendo os novos obradoioros, só participaron tres persoas, a saber, Alicia (para iniciación a internet) e Cris e Xosé Manuel (para o obradoiro de Impress). Ben é certo que os dous últimos, de doce anos, contan como 4, do movidos e faladores que son. Non sei como entre tanto "Tí eres tonto..." " Pois ti máis..." puideron aprender a manexar o Impress, pero a verdade é que o fixeron moi ben. Crearon unhas presentacións bastante chulas e penso que xa teñen as bases para dominar un novo programa.
O venres pasado, acordamos no Concello, darlle un novo brío ás actividades. Para isto, fixen unha reprogramación dos obradoiros que quedaban; modificando datas e metendo algun máis e plasmei esta nova programación nun tríptico que vedes aquí, que será enviado ás familias xunto con outros anuncios do Concello.
Eu entendo que a aula de iformática está a desmán da maioría da poboación; que hai moita xente da terceira idade (e tamén moito máis nova, ollo!), que é moi reacia a achegarse a un servizo deste tipo. O que pensa a xente maior non é difícil de intuir. Nun 50% pensan que os ordenadores son aparellos complicadisimos e sensibilísimos que só pode chegar a aprender a usar a xente nova e os nenos. No utro 50% consideran que a eles, as novas tecnoloxías, non lles serven para nada. Bueno, quizáis teñan razón. Aquí non se trata de obligar a ninguén, non debemos meter con calzador as novas tecnoloxías a quen non está interesad@. Debemos, iso sí, dar a oportunidade e animar aos máis reticentes e temeros@s, a que poden atopar utilidades en todo este complexo, e ao mesmo tempo sinxelo mundo, da sociedade da información, que nunca é tarde para comezar, e que aínda por riba pódeno pasar moi ben no intento.