17 de maio + internet + galego + futuro

martes, 15 de mayo de 2007

Temos moitas celebracións!

¡Bos días a todos!
aquí estou de novo para informarvos de como se desenvolveron as actividades programadas para o 10 e 11 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas , que, lembremos, tamén será o Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, o 17 de maio.


Pois ben, ditas actividades consistiron en dous obradoiros; un concurso de collages sobre María Mariño, a poeta noiesa homenaxeada este ano, e un obradoiro sobre libros dixitais. Ambolos dous cunha duración de 4 horas cada un. Se ben teño que matizar que o obradoiro de collages se vai rematar este mércores día 16 xa que os participantes non conseguiron rematar as súas obras o día propio da actividade.

¿A participación? pois cinco foron, en total, as persoas que se apuntaron ás actividades e que agardo que pasaran un rato agradable e aprenderan algunhas cousas. Ademáis todas elas terán un pequeno agasallo por cortesía da Rede de Dinamización, que poderán recoller en canto me cheguen ao Concello.

Aquí podedes ver un par de fotos dos momentos onde estabamos a dixitalizar un cachiño do libro "Antoloxía do conto Galego", que recolle contos escritos por insignes autores galegos. Nos, escollemos os dous primeiros , un de Vicente Risco e outro de Castelao. En canto poida subireinos a este blog para que os podades ler en formato PDF.
AH! e a partires do 17 de maio poderédesvos achegar pola aula de informática para ver os collages que, a modo de exposición, colgaremos nas paredes. ¡Seguro que vos gustan!

No hay comentarios: