17 de maio + internet + galego + futuro

viernes, 4 de mayo de 2007

DE ESTREA

Ola e benvidos a todos a este blog dinamizador que chega ao Concello de Frades un pouquiño tarde pero chega. O obxectivo é facer un seguimento da actividade dinamizadora que aquí se leva cabo no mundo das Novas Tecnoloxías e Sociedade da Información, compartir experiencias, difundir informacións relacionadas coa Rede de Dinamización e bueno, o que vaia xurdindo. Agardo telo o máis actualizado posible xa que, como dicía o profe de Pontevedra o segredo do éxito dun blog está na actualización, lóxico.
Téñovos que poñer ao tanto no só dos acontecementos futuros senón tamén dos que xa foron, porque a semana pasada rematou o curso de informática básica e internet que se viña desenvolvendo dende febreiro. Dito curso estaba programado xa dende o Concello antes de que eu chegara; eu decidín os contidos e estructureinos en obradoiros. Foron os seguintes:
O ordenador, ese estrano aparello; achegamento a internet; o correo electrónico; mensaxería instantánea, foros, chats e blogs; e finalmente un obradoiro de saúde. Os participantes foron entorno aos 22 anque 30 eran os apuntados.
Agora veñen as actividades para o Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e Sociedade da Información, uff que longo. Pero eso será materia para outro artigo, así que un saúdo para todo o Concello de Frades, en especial ás veciñas e veciños que xa participaron na primeria actividade e ás compañeiras e compañeiros da Rede de Dinanización e ánimo a todos.

No hay comentarios: