17 de maio + internet + galego + futuro

jueves, 12 de julio de 2007

A expereriencia é un grao

Eu son da opinión de que pasar por todo tipo de experiencias, (que non sexan especialmente negativas ou tráxicas, claro) é positivo. De todo se aprende, sobre todo dos conflictos. Os pequenos problemas cos que nos atopamos na vida e a busca de posibles solucións para eles, dótanos de armas para resolvelos e afrontalos máis positivamente no futuro. Evidentemente, sempre nos atoparemos con situacións novas que poñeran a proba as nosas capacidades e habilidades. Entón podemos dicir que a bagaxe vital dunha persoa, compóñena, entre outras moitas cousas, as capacidades innatas e as que proveñen ou se adquiren a raíz de pasar por distintas digamos, circunstancias . Xa di o dito que a experiencia é a nai da ciencia e eu dende aquí quero reivindicar a importancia enorme da experiencia para que se produza a aprendizaxe.
Non sei por que me lío tanto, se o que quero contarvos é que hoxe vindo para Frades, o coche me deixou tirada. TIRADA no medio do camiño!. Nunca me pasara iso. De súpeto o coche comeza a facer un ruído moi raro e vexo que se me acende o piloto do aceite. Do ACEITE, nin máis nin menos!. Así que me boto a un lado inmediatamente nunha enorme parada de bus que apareceu xusto cando a necesitaba, apago o coche, poño o chaleco ese tan guay e as luces de emerxencia e saio rapidamente a mirar se fora perdendo. Por sorte nada, nin pizca. ¿Vedes? unha nova experiencia que me vai facer aprender algo, porque cando chegue a casa (agora estou no choio que pedín un taxi) penso informarme exáctamente do dos papeis do coche, seguro teléfonos... tamén penso abrir o capó do coche e facer o que meu irmán, coa maior calma e claridade, tentaba explicarme por teléfono. -"Agarda un pouco a que coche arrefríe e logo, con moito coidado, abre o capó e mira a varilla do aceite e bla bla bla non sei que de dúas marcas entre as cales tiña que estar o nivel axeitado... Pero o certo é que nese momento preferín non facelo ( nin siquera atopaba a panca para abrir o capó que se supón que está debaixo do volante!!) cos coches ruxindo e facendo abanear o meu auto-xa-non-móbil cando pasaban polo lado e un sol de xustiza sobre a miña cabeza (o primeiro día caluroso de verdade neste pseudo verán de pacotilla, cago na mar).

Nese momento, o descoñecemento e uns poucos de nervios fixeron que non tocase nada, pero na casa con máis tranquilidade estarei encantada de coñecer á señora varilla e á señora panca do capó, así que xa vos contarei que tal!.

1 comentario:

Miguel dijo...

Jejejejejeje, tes toda a razón do mundo esta experiencia vaite servir e moito, xa que aprenderás o da varilla e se te volta pasar chegarás ao chollo no teu propio coche, posiblemente. Mírao polo lado bo, a min a primeira vez pasoume na autopista e por non parar no arcén e intentar chegar á área de servicio que había a 500 metroso cochiño non deu para mais. Polo que contas e grazas a miña experiencia sospeito que o venres, ou senón hoxe, o teu coche te levou ao chollo unha vez mais.