17 de maio + internet + galego + futuro

lunes, 30 de julio de 2007

Días de verán


Ola a tod@s. Antes de nada quero enviar un saúdo para todos @s dinamizador@s , unha aperta para os meus compañeiros de Pontevedra, en especial para Noe, Leti e Miguel e outro para Rocío de Lugo (felicidades Roci, polo premio!).
Tamén quero mandar un saúdo a todas aquelas persoas de Frades que se teñen achegado pola Aula de Informática, ben para facer algún obradoiro, ou para empregar os ordenadores libremente, e animalos a que sigan vindo.

En segundo lugar, lémbrovos a páxina contaconfrades.blogspot.com, para que comentedes nela o que queirades ou por se desexades colaborar introducindo algunha cousa.
O outro día, Consuelo, unha señora que veu para o obradoiro de "Introducción á informática para maiores de 60 anos) contoume unha pequenísima parte de todos os contos e cantigas que sabe, que son un montón!!! e que subirei enseguida ao blog.

Actualmente estou a desenvolver o obradoiro "Circuíto infantil pola rede" con nen@s de entre 5 e 10 anos, e teño que dicir que son un encanto e se portan moi ben.
En principio, éste obradoiro tiña unha duración de catro horiñas, pero ao final foi extendido e será de 8 horas. Os pequen@s van coñecendo moi por riba que é iso de internet, pero vanse familiarizando moi directamente con algúns dos recursos adaptados ás súas idades, que son moitos!!



Outra cousa. O mes de agosto irei a traballar pola mañás, co cal me poderedes atopar polo Concello de 9:30 a 15:30.

Ah!! e finalmente, para quen teña curiosidade por saber por que narices o coche me fallou o outro día, direivos que foi a correa do alternador, que non deu máis de sí. Era ela a causante dese estrano ruído. Xa lla cambiaron e o cochiño volve andar ben. Un saúdo tamen para el!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas Marta polo teu saúdo!! Con esta calor custa porse as pilas. En Salceda tamén estamos a realizar obradoiros cos rapaces e a experiencia está a ser moi positiva!!!
Xa nos irás contando e ensinando fotiños desas xoias que tes por ahí.
Biquiños!!!!

Anónimo dijo...

Ola Marta, graciñas por acordarte de min, aínda que o premio polos pelos me quedo sen el. Sabes que xa non son dinamizadora??xa te chamo un día e falamos. Un biquiño moi grande e enhoraboa polo teu traballo, que xa vexo que curras un montón!!

Andrea Pino dijo...

Bos días Marta.
Canto tempo sen saber de ti. Xa vexo que estás feita toda unha boa dinamizadora. Como curras. E menuda paciencia tedes ti e máis Leti para facer obradoiros cos rapaces... eu polo de agora non me animo que xa teño dabondo coas persoas maiores, os obradoiros ocupan case todo o meu tempo da semana.

Un biko. Por certo, xa tes un enlace no meu blog o que te animo que lle votes unha ollada.

Miguel dijo...

Ola Marta, moitas grazas polo saúdo e outro tamén para ti, temos que quedar algún día.
Así que ao final iso da experiencia non era tan importante neste caso, eu polo que contabas pensei que lle faltara aceite ou auga, alédome de que te siga levando dun lado para outro.
Eu tamén dou cursos para rapaces no verán e é certo que hai que ter paciencia cos mais pequenos que son terribeis, pero xa estaba cansado de darlle so aos maiores. Os rapaces o collen todo antes, aínda que hai que pelexarse con eles para que atendan, polo menos as miñas xoias.
Bicos e DISFRUTADE TOD@S DAS VACACIÓNS.