17 de maio + internet + galego + futuro

viernes, 31 de agosto de 2007

O MEU PROFE DA FACULTADE

Xesús Rodríquez, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, é o director, ademáis, da Revista Galega de Educación.
Lembroo coma un dos bos profesores que tiven cando cursei Educación Social. Deume un par de asignaturas pero agora so me ven á cabeza a de Didáctica da Educación de Adultos (aínda me acordo do día do exame e de como me devanei os sesos entre o material e as preguntas. Non fora cousa calquera aquel exame, non. Paréceme que non levara moi boa nota pero polo menos non tiven que repetilo.
Bueno, vou ao que vou. O domingo pasado vin un artigo en “la voz de Galicia” titulado “A FENDA DIXITAL É UNHA NOVA FORMA DE DESIGUALDADE”, que ademáis enmarcaba unha gran foto de Xesús Rodríquez. “¡¡anda, o meu profe!!, a ver a ver”...
O artigo recollía as súas reflexións sobre o concepto de “fenda dixital”orientadas especialmente ao ambito da educación formal.
Para el a fenda dixital afectaría a varios aspectos relacionados coas TIC. Por un lado, o tema da dotación nos centros. Uns están moi ben surtidos e outros non tanto. Por outro lado, a formación dos docentes no ámbito das TIC aplicadas á educación tamén é moi desigual, habendo docentes que levan xa anos traballando coas novas tecnoloxías e outros moitos que aínda as descoñecen. Comenta tamén a desigualdade entre zonas rurais e urbanas (sen éstas últimas estár moi postas non tema), e tamén toca a problemática da fenda xeracional, que ven sendo que os pais non teñen nin pajolera idea do que fan os seus fillos co ordenador nin con internet, porque descoñecen case por completo o que é un ordenador e internet. Ata ahí todo ben, dacordo.
Pero hai no artigo un cacho de texto que vou a copiar tal cal para que me deades a vosa opinión.
“Ademáis, pensa (X.R), que as figuras que están poñendo en marcha, como a dos dinamizadores tecnolóxicos, non están a cumprir axeitadamente a súa función porque “saben moito de informática, pero de ensinar coas novas tecnoloxías, nada de nada”
Cando lin esto flipei un pouco. Se se refire a nós, os dinamizadores da sociedade da información), estame demostrando dúas cousas:
Por unha banda descoñece o perfil profesional de moitos dos que estamos neste “Proxecto da Rede de Dinamización” (educadores, traballadores sociais...) que nos capacita para levar a cabo accións formativas. Nós somos axentes capaces da transmisión , axuda e apoio nos procesos de aprendizaxe doutros colectivos. Sabemos dedectar necesidades, programar e levar a cabo proxectos de intervención socioeducativa, e non só con nenos senón con adultos, maiores, discapacitados...
Un mestre traballa con nenos; un profesor da universidade traballa con universitarios. Os educadores socias traballamos con todo o mundo!, o que supón que temos que ter un máis amplo abano de habilidades sociais.
Por outra banda está descalificando a moitos compañeir@s que tendo a súa formación no ámbito da informática, están agora levando a cabo unha magnífica labor sociopedagóxica de achegamento das novas tecnoloxías a moita xente e en particular a moitos colectivos que o teñen máis complicado que os demáis (maiores, discapacitados) para acceder ás novas tecnoloxías; empregando moitos e bos recursos que existen na rede, e creando incluso recursos propios.
A algúns destes compañeir@s poida que lles costase algo máis ao principio porque ao mellor nunca traballaran desenvolvendo accións formativas con inmigrantes, parados, terceira idade, nenos!! e carecían de coñecementos que son básicos noutras carreiras de ciecias da educación. Do mesmo xeito, os que non somos de informática tamén nos viamos super inseguros cos ditosos ordenadores!.
Coa formación que recibimos todos os dinamizador@s, que non foi moi extensa e non estivo libre de atrancos diversos; coa que xa tiñamos de antes, e, sobre todo con empeño e forza de vontade, cada un/unha de nós, procura cubrir as lagoas formativas que ten e facelo o mellor posible.
Resumindo; a REDE DE DINAMIZACIÓN SÍ QUE SABE ENSINAR COAS NOVAS TECNOLOXÍAS. Temos habilidades, temos imaxinación, somos creativos; quizais, moit@s de nós non saibamos tanto de informática pero, iso sí, o que sabemos, sabémolo transmitir.
Só quero que saibas isto Xesús. De tódolos xeitos, sigo pensando que eres un bo profe.
Un saúdo.

No hay comentarios: