17 de maio + internet + galego + futuro

martes, 3 de julio de 2007

O problema da participación

A xente non se entera ou non quere enterarse de que teñen un servizo de Aula de Informática e ademáis se desenvolven acitividades nela.
No tempo que levamos desenvolvendo os novos obradoioros, só participaron tres persoas, a saber, Alicia (para iniciación a internet) e Cris e Xosé Manuel (para o obradoiro de Impress). Ben é certo que os dous últimos, de doce anos, contan como 4, do movidos e faladores que son. Non sei como entre tanto "Tí eres tonto..." " Pois ti máis..." puideron aprender a manexar o Impress, pero a verdade é que o fixeron moi ben. Crearon unhas presentacións bastante chulas e penso que xa teñen as bases para dominar un novo programa.
O venres pasado, acordamos no Concello, darlle un novo brío ás actividades. Para isto, fixen unha reprogramación dos obradoiros que quedaban; modificando datas e metendo algun máis e plasmei esta nova programación nun tríptico que vedes aquí, que será enviado ás familias xunto con outros anuncios do Concello.
Eu entendo que a aula de iformática está a desmán da maioría da poboación; que hai moita xente da terceira idade (e tamén moito máis nova, ollo!), que é moi reacia a achegarse a un servizo deste tipo. O que pensa a xente maior non é difícil de intuir. Nun 50% pensan que os ordenadores son aparellos complicadisimos e sensibilísimos que só pode chegar a aprender a usar a xente nova e os nenos. No utro 50% consideran que a eles, as novas tecnoloxías, non lles serven para nada. Bueno, quizáis teñan razón. Aquí non se trata de obligar a ninguén, non debemos meter con calzador as novas tecnoloxías a quen non está interesad@. Debemos, iso sí, dar a oportunidade e animar aos máis reticentes e temeros@s, a que poden atopar utilidades en todo este complexo, e ao mesmo tempo sinxelo mundo, da sociedade da información, que nunca é tarde para comezar, e que aínda por riba pódeno pasar moi ben no intento.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ánimo Marta. Xa sabes que normalmente somos reaci@s ás novidades pero, pouco a pouco, cando o boca a boca comece a funcionar seguro que non darás feito. Biquiños!

Miguel dijo...

É un problema este da participación, e a nosa obriga tentar que mellore, ánimo que todo se andará. Eu tiven bastante aceptación coas ANPAS e lles fixen obradoiros de iniciación a informática a internet (onde explicaba como controlar aos fillos na rede). As asociacións con mais xente poden ser un bo reclamo, aínda que seguro que xa o intentaches por esa vía. Ánimo xa se decatarán do que vales e do bo que é para eles.