17 de maio + internet + galego + futuro

martes, 29 de mayo de 2007

Cea de clausura do curso de informática e internet o pasado 24 de maio


Pois aquí nos vedes. Non estaban todos os que eran pero sí eran todos os que estaban. O Concello de Frades tivo a xentileza de invitar aos participantes e á dinamizadora do "curso de informática e internet" que se veu desenvolvendo entre febreiro e abril deste ano, a unha rica cea ( con marisco incluído eh!) na parroquia de Abellá. Na foto estamos cos diplomas. O señor do centro que está axeonllado é o Alcalde, Miguel, ao seu lado de vermello estou eu, e de dereita a esquerda preséntovos a; Jesús, Manuel (axeonllado), Teresa, Isabel, Paula, José Luis, Encarna, Máximo, Mª Carmen, Marisol, José, Suso, abaixo ao meu lado Estefanía, Soledad (con muletas, por certo, e aínda lle queda para uns meses así que desexámolle paciencia e que se recupere o máis pronto posible) . Detrás dela está José María e á esquerda de todo María José. Ah! e só falta Alberto, que non lle gustan as fotos, polo que adoptou o rol de fotógrafo.
En definitiva, que o pasamos moi ben e o único aspecto negativo para min foi que, ao ter que voltar a Santiago conducindo non puiden probar nin unha gotiña do saboroso viño de Amandi... que lle imos facer a próxima vez direille a alguén que me veña buscar.

5 comentarios:

Noelia Rafael Cabaleiro dijo...

Ola!
que ben volo montades por Frades, eh! Con cea de clausura e todo! Noraboa aos asistentes e a dinamizadora tamén. Un saudiño dende Mos

Miguel dijo...

Si si, eu non pasei dun café, e en obradoiros moi contados, e aí xa estades de cea. Da gusto cos de Frades.

Ro dijo...

Parabéns dende Lugo, xa sabia eu que Martiña sería unha grande dinamizadora, da sociedade da información e do que faga falla, un biquiño moi grande!

Anónimo dijo...

Menuda sorte. Que gusto que o concello de Frades colabore dese xeito, non?.
Eu tiven a sorte de facer mini despedidas nos meus obradoiros, pero as "chuches" e bebidas as puxeron as/os participantes do seu bolsillo, que majas!!!.
É un luxo poder ver as vosas caras de ledicia!
Biquiños

Tonio dijo...

Hola Martaaaaaa!!
Oe noraboa pola bitácora e tamen polo ben que o estas a facer como dinamizadora...que ben, de aquí a traballar para google eh!!
Veña un saudiño e unha aperta dende Lugo.
_Begide (toniocastro.wordpress.com)