Chegaron ao seu fin as actividades programadas para este verán 2007 na Aula de Informática da Casa do Concello.
A participación non foi moi elevada, pero as persoas que se achegaron, penso que marcharon satisfeitas e con algúns novos coñecementos no que a novas tecnoloxías se refire.
Tivo bastante éxito o obradoiro "Circuíto infantil pola rede" do cal, xa vos puxen un bo lote de enlaces a páxinas infantís ( por ahí abaixo queda).
No obradoiro de "Inglés para nenos na rede" empregando a páxina www.britishcouncil.org/kids e diccionarios virtuais, o que máis gustou foron os xogos que facíamos coas fichas de vocabulario de diversos temas. O mural que vedes aquí, fixérono nun xogo deses. Consistía en que eu lles poñía diante un montón de fichas desordenadas, relacionadas co tempo meteoroloxico, lugares e animais, e eles tiñan que facer parellas. Tiñan en cadanseu ordenador un diccionario online inglés-español, ao cal recorrer se non coñecían as palabras. Ao final, había un pequeno agasallo para cada un, pero escollía en primeiro lugar, o que máis parellas formara. Finalmente, pegáronas todas nun papel na parede.Noutros obradoiros levados a cabo, os nenos familiarizáronse con programas libres coma Impress e Writer, este último, a través de diversas prácticas que tentei que foran o máis atractivas posibles; (anque coas tabulacións non se levaron moi ben).
martes, 4 de septiembre de 2007
Remate das actividades de verán
viernes, 31 de agosto de 2007
O MEU PROFE DA FACULTADE
Lembroo coma un dos bos profesores que tiven cando cursei Educación Social. Deume un par de asignaturas pero agora so me ven á cabeza a de Didáctica da Educación de Adultos (aínda me acordo do día do exame e de como me devanei os sesos entre o material e as preguntas. Non fora cousa calquera aquel exame, non. Paréceme que non levara moi boa nota pero polo menos non tiven que repetilo.
Bueno, vou ao que vou. O domingo pasado vin un artigo en “la voz de Galicia” titulado “A FENDA DIXITAL É UNHA NOVA FORMA DE DESIGUALDADE”, que ademáis enmarcaba unha gran foto de Xesús Rodríquez. “¡¡anda, o meu profe!!, a ver a ver”...
O artigo recollía as súas reflexións sobre o concepto de “fenda dixital”orientadas especialmente ao ambito da educación formal.
Para el a fenda dixital afectaría a varios aspectos relacionados coas TIC. Por un lado, o tema da dotación nos centros. Uns están moi ben surtidos e outros non tanto. Por outro lado, a formación dos docentes no ámbito das TIC aplicadas á educación tamén é moi desigual, habendo docentes que levan xa anos traballando coas novas tecnoloxías e outros moitos que aínda as descoñecen. Comenta tamén a desigualdade entre zonas rurais e urbanas (sen éstas últimas estár moi postas non tema), e tamén toca a problemática da fenda xeracional, que ven sendo que os pais non teñen nin pajolera idea do que fan os seus fillos co ordenador nin con internet, porque descoñecen case por completo o que é un ordenador e internet. Ata ahí todo ben, dacordo.
Pero hai no artigo un cacho de texto que vou a copiar tal cal para que me deades a vosa opinión.
“Ademáis, pensa (X.R), que as figuras que están poñendo en marcha, como a dos dinamizadores tecnolóxicos, non están a cumprir axeitadamente a súa función porque “saben moito de informática, pero de ensinar coas novas tecnoloxías, nada de nada”
Cando lin esto flipei un pouco. Se se refire a nós, os dinamizadores da sociedade da información), estame demostrando dúas cousas:
Por unha banda descoñece o perfil profesional de moitos dos que estamos neste “Proxecto da Rede de Dinamización” (educadores, traballadores sociais...) que nos capacita para levar a cabo accións formativas. Nós somos axentes capaces da transmisión , axuda e apoio nos procesos de aprendizaxe doutros colectivos. Sabemos dedectar necesidades, programar e levar a cabo proxectos de intervención socioeducativa, e non só con nenos senón con adultos, maiores, discapacitados...
Un mestre traballa con nenos; un profesor da universidade traballa con universitarios. Os educadores socias traballamos con todo o mundo!, o que supón que temos que ter un máis amplo abano de habilidades sociais.
Por outra banda está descalificando a moitos compañeir@s que tendo a súa formación no ámbito da informática, están agora levando a cabo unha magnífica labor sociopedagóxica de achegamento das novas tecnoloxías a moita xente e en particular a moitos colectivos que o teñen máis complicado que os demáis (maiores, discapacitados) para acceder ás novas tecnoloxías; empregando moitos e bos recursos que existen na rede, e creando incluso recursos propios.
A algúns destes compañeir@s poida que lles costase algo máis ao principio porque ao mellor nunca traballaran desenvolvendo accións formativas con inmigrantes, parados, terceira idade, nenos!! e carecían de coñecementos que son básicos noutras carreiras de ciecias da educación. Do mesmo xeito, os que non somos de informática tamén nos viamos super inseguros cos ditosos ordenadores!.
Coa formación que recibimos todos os dinamizador@s, que non foi moi extensa e non estivo libre de atrancos diversos; coa que xa tiñamos de antes, e, sobre todo con empeño e forza de vontade, cada un/unha de nós, procura cubrir as lagoas formativas que ten e facelo o mellor posible.
Resumindo; a REDE DE DINAMIZACIÓN SÍ QUE SABE ENSINAR COAS NOVAS TECNOLOXÍAS. Temos habilidades, temos imaxinación, somos creativos; quizais, moit@s de nós non saibamos tanto de informática pero, iso sí, o que sabemos, sabémolo transmitir.
Só quero que saibas isto Xesús. De tódolos xeitos, sigo pensando que eres un bo profe.
Un saúdo.
martes, 21 de agosto de 2007
LISTADO DE PÁXINAS PARA NENOS
lunes, 20 de agosto de 2007
De volta
Ola a todos! a tan desexada semaniña de vacacións voou. Agardo que os meus compañeiros dinamizadores a disfrutaran tanto coma min, xa que eu procurei exprimila ao máximo. Evidentemente non fun á praia. Como se fora outono, pasei bos momentos envolta nun fofiño edredón, cun bo libro entre as mans e un té ou café ben quente ao carón. O libro por se tendes curiosidade era "El médico" de Noah Gordon, e certamente volo recomendo. Pero non pensedes que pasei todo o tempo lendo. Fun ás festas de Nogueira, en Chantada, e estiven con todos os meus tíos e algúns primos, saín por ahí, e ata fun a unha voda nun fermoso pazo, onde me colleu o frío e aínda me segue picando a gorxa. Como botei de menos unha sudadeira nalgúns momentos!. Mentres tomabamos uns pinchos nos fermosos xardíns o único que tiña para me tapar era un fino chal. ¿O que?? ¿que a quen lle quedaba millor? dende logo... facedes cada preguntaaaa. Pois a min!! por suposto!! ;-) |
lunes, 30 de julio de 2007
Días de verán
Ola a tod@s. Antes de nada quero enviar un saúdo para todos @s dinamizador@s , unha aperta para os meus compañeiros de Pontevedra, en especial para Noe, Leti e Miguel e outro para Rocío de Lugo (felicidades Roci, polo premio!).
Actualmente estou a desenvolver o obradoiro "Circuíto infantil pola rede" con nen@s de entre 5 e 10 anos, e teño que dicir que son un encanto e se portan moi ben.
Tamén quero mandar un saúdo a todas aquelas persoas de Frades que se teñen achegado pola Aula de Informática, ben para facer algún obradoiro, ou para empregar os ordenadores libremente, e animalos a que sigan vindo.
En segundo lugar, lémbrovos a páxina contaconfrades.blogspot.com, para que comentedes nela o que queirades ou por se desexades colaborar introducindo algunha cousa.
O outro día, Consuelo, unha señora que veu para o obradoiro de "Introducción á informática para maiores de 60 anos) contoume unha pequenísima parte de todos os contos e cantigas que sabe, que son un montón!!! e que subirei enseguida ao blog.En principio, éste obradoiro tiña unha duración de catro horiñas, pero ao final foi extendido e será de 8 horas. Os pequen@s van coñecendo moi por riba que é iso de internet, pero vanse familiarizando moi directamente con algúns dos recursos adaptados ás súas idades, que son moitos!!
Outra cousa. O mes de agosto irei a traballar pola mañás, co cal me poderedes atopar polo Concello de 9:30 a 15:30.
Ah!! e finalmente, para quen teña curiosidade por saber por que narices o coche me fallou o outro día, direivos que foi a correa do alternador, que non deu máis de sí. Era ela a causante dese estrano ruído. Xa lla cambiaron e o cochiño volve andar ben. Un saúdo tamen para el!!
jueves, 12 de julio de 2007
A expereriencia é un grao
Eu son da opinión de que pasar por todo tipo de experiencias, (que non sexan especialmente negativas ou tráxicas, claro) é positivo. De todo se aprende, sobre todo dos conflictos. Os pequenos problemas cos que nos atopamos na vida e a busca de posibles solucións para eles, dótanos de armas para resolvelos e afrontalos máis positivamente no futuro. Evidentemente, sempre nos atoparemos con situacións novas que poñeran a proba as nosas capacidades e habilidades. Entón podemos dicir que a bagaxe vital dunha persoa, compóñena, entre outras moitas cousas, as capacidades innatas e as que proveñen ou se adquiren a raíz de pasar por distintas digamos, circunstancias . Xa di o dito que a experiencia é a nai da ciencia e eu dende aquí quero reivindicar a importancia enorme da experiencia para que se produza a aprendizaxe. Nese momento, o descoñecemento e uns poucos de nervios fixeron que non tocase nada, pero na casa con máis tranquilidade estarei encantada de coñecer á señora varilla e á señora panca do capó, así que xa vos contarei que tal!. |
DE BITÁCORAS VAI O CONTO
Pero imos ao importante, a páxina é: contaconfrades.blogspot.com, podedes acceder a ela nos vínculos do lado tamén.
Nela podedes ver as cousiñas que o os nenos recompilaron e subiron ao blog polo de agora. Agardo que estes rapaces sigan colaborando asiduamente e que se vaian sumando outros veciños que tamén teñan cousas que contar.
Lembrade que a parte de botarlle unha ollada podedes comentar cada un dos artículos dun xeito moi sinxelo. E se alguén quere participar que non dubide en achegarse pola Aula de Informática, polas tardes en xullo e polas mañás en agosto. Ou se non poden achegarse poden enviarme o que consideren oportuno á dirección de correo electrónica casaescola@yahoo.es
Saúdos!!
martes, 3 de julio de 2007
O problema da participación
No tempo que levamos desenvolvendo os novos obradoioros, só participaron tres persoas, a saber, Alicia (para iniciación a internet) e Cris e Xosé Manuel (para o obradoiro de Impress). Ben é certo que os dous últimos, de doce anos, contan como 4, do movidos e faladores que son. Non sei como entre tanto "Tí eres tonto..." " Pois ti máis..." puideron aprender a manexar o Impress, pero a verdade é que o fixeron moi ben. Crearon unhas presentacións bastante chulas e penso que xa teñen as bases para dominar un novo programa.
O venres pasado, acordamos no Concello, darlle un novo brío ás actividades. Para isto, fixen unha reprogramación dos obradoiros que quedaban; modificando datas e metendo algun máis e plasmei esta nova programación nun tríptico que vedes aquí, que será enviado ás familias xunto con outros anuncios do Concello.
Eu entendo que a aula de iformática está a desmán da maioría da poboación; que hai moita xente da terceira idade (e tamén moito máis nova, ollo!), que é moi reacia a achegarse a un servizo deste tipo. O que pensa a xente maior non é difícil de intuir. Nun 50% pensan que os ordenadores son aparellos complicadisimos e sensibilísimos que só pode chegar a aprender a usar a xente nova e os nenos. No utro 50% consideran que a eles, as novas tecnoloxías, non lles serven para nada. Bueno, quizáis teñan razón. Aquí non se trata de obligar a ninguén, non debemos meter con calzador as novas tecnoloxías a quen non está interesad@. Debemos, iso sí, dar a oportunidade e animar aos máis reticentes e temeros@s, a que poden atopar utilidades en todo este complexo, e ao mesmo tempo sinxelo mundo, da sociedade da información, que nunca é tarde para comezar, e que aínda por riba pódeno pasar moi ben no intento.
martes, 19 de junio de 2007
Cita no Espazo Avanza en Santiago
jueves, 14 de junio de 2007
NOVOS OBRADOIROS
Ola a todos e a todas e en especial aos veciños e veciñas de Frades, aos cales van dirixidos os seguintes obradoiros que se celebrarán na Aula de informática da Casa do Concello. Aquí poderedes ver, ao igual que nos folletos, carteis e avisos que están distribuídos por tódalas parroquias, a listaxe destas novas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías e a sociedade da información.
Obradoiro de iniciación a internet (10 horas). Do 11 ao 15 de xuño, de 16 a 18 horas.
Obradoiro de introducción a Open Oficce (2 horas). Día 25 de xuño , de 19 a 21 horas.
Obradoiro "Fai as túas presentacións en Impress" (15 horas). Do 26 de xuño ao 2 de xullo, de 16 a 19 horas).
Obradoiro "Circuíto infantil pola rede", para nenos de 5 a 10 anos (4 horas). Días 3 e 4 de xullo , de 11 a 13 horas.
Obradoiro "Aprende a crear un blog en Internet". Crearemos un blog que recolla as tradicións, acontecementos, imaxes, contos populares, anécdotas, opinións... de Frades) (14 horas). Do 9 ao 18 de xullo, de 16 a 18 horas.
Obradoiro de correo electrónico (10 horas). Do 23 ao 30 de xullo, de 19 a 21 horas.
Obradoiro "Colga o teu currículum na rede" (8 horas). Do 1 ao 6 de agosto, de 11 a 13 horas.
Obradoiro de iniciación ao procesador de textos Writer (15 horas). Do 8 ao 14 de agosto, de 10 a 13 horas.
Así que xa sabedes. Se estades interesados en un ou varios destes obradoiros que pon en marcha a Rede de Dinamización en colaboración co Concello, téndesvos que apuntar achegándovos ata a Casa Consistorial, ou chamando por teléfono. O número é: 981695567.
Ou tamén se o preferides podédesvos apuntar directamente, enviándome un correo electrónico á seguinte dirección: marta.frades@dinamiza.sociedadedainformación.eu Poñede no correo, o obradoiro ao que vos queredes apuntar, nome, idade e un número de teléfono.
lunes, 11 de junio de 2007
martes, 5 de junio de 2007
E non custa cartos, non?
Os motivos que se dan para semellante fracaso son, por unha banda o avellentamento da poboación onde se están ampliando os servizos e por outra, a escasa formación tecnolóxica que os seus habitantes teñen. Tampouco é que faga falta ser un analista experto para ver isto. Podo estar de acordo con estes argumentos, pero penso que aquí falta falar de algo que a nova non menciona por ningures. Iste porcentaxe tan baixiño de altas, ¿non será debido tamén (ou eu diría máis) ¿non será debido principalmente ao caro que sae contratar unha banda ampla?. En Galicia, conectarse a internet de alta velocidade sae bastante máis caro que en moitos lugares de España. Así que por favor, sexamos realistas, se a contratación fose máis económica esa porcentaxe subiría como a escuma (por moi vellos que sexan no rural). Ou polo menos iso penso eu.
domingo, 3 de junio de 2007
Olor a plástico e outros tufillos
Pois nada, se non podía estar na sala onde se ía celebrar a cita, había outro lugar cértamente idóneo onde estaría el soíño; ese sitio era a entrada do multiusos. E alí quedou, dando a benvida aos que por alí se achegaban, sen molestalos moito.
A charla estivo moi ben. A parte de Jesús Arribi, de Mancomún, achegáronse tamén Andrés e Pablo, membros de “A Forxa”, que é unha rama de Mancomún que se adica ao desenvolvemento de software. Fixeron os tres un esforzo por achegarse o máximo posible a unha pobación que pouco leva escoitado falar deste tipo de programas, e penso que aos 15 participantes algún bichiño lles quedou que os fará pensar.
E é que non me digades que o do software propietario non atufa tamén!! O outro día lin unha nova en “El Mundo” dixital. Resulta que un tipo quería mercar un ordenador portátil con algunha distribución GNU/Linux como sistema operativo (pobre iluso). Evidentemente non tiñan na tenda ningún con este software pero ademáis, tampouco tiñan ningún que non tivese algún producto de Windows instalado. O pobre home tivo que mercar un ordenador que incluía o Windows XP. Cando chegou a a casa e leu a licenza, viu que tiña 30 días para devolver o software a Microsoft e recuperar os cartos, e iso foi o que tentou. Bueno, o que tentou nos seguintes 30 días e dous anos despois continúa tentando por todos os medios, interpoñendo incluso, unha demanda civil. Agardo que Paco, que así se chama o perxudicado, profesor de instituto, consultor de novas tecnologías e formador en TIC, consiga chegar ata o final. Evidentemente para el, non é unha cuestión de cartos, senón de xustiza e de liberdade.
¡Ánimo Paco!
martes, 29 de mayo de 2007
Cea de clausura do curso de informática e internet o pasado 24 de maio
Pois aquí nos vedes. Non estaban todos os que eran pero sí eran todos os que estaban. O Concello de Frades tivo a xentileza de invitar aos participantes e á dinamizadora do "curso de informática e internet" que se veu desenvolvendo entre febreiro e abril deste ano, a unha rica cea ( con marisco incluído eh!) na parroquia de Abellá. Na foto estamos cos diplomas. O señor do centro que está axeonllado é o Alcalde, Miguel, ao seu lado de vermello estou eu, e de dereita a esquerda preséntovos a; Jesús, Manuel (axeonllado), Teresa, Isabel, Paula, José Luis, Encarna, Máximo, Mª Carmen, Marisol, José, Suso, abaixo ao meu lado Estefanía, Soledad (con muletas, por certo, e aínda lle queda para uns meses así que desexámolle paciencia e que se recupere o máis pronto posible) . Detrás dela está José María e á esquerda de todo María José. Ah! e só falta Alberto, que non lle gustan as fotos, polo que adoptou o rol de fotógrafo.
Contos dixitalizados
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/upload/cen/not/18-35-d-risco%20pdf.pdf
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/upload/cen/not/18-39-d-castelao.pdf
viernes, 25 de mayo de 2007
CONSIGUE UNHA CAMISETA A CAMBIO DUN COMENTARIO
Se estás lendo isto e eres do Concello de Frades seguramente viras o anuncio que puxen na aula de informática, no que vos animo a conseguir unha camiseta ou un porta cd entrando neste blog. Se non viches o anuncio na aula de informática pero eres do concello de Frades tamén podes participar.
Pois ben. O xeito de gañala é moi sinxelo. Só tes que enviar un comentario (cunha extensión mínima de 9 liñas) a este artigo (clicando na palabra "comentarios" que aparece xusto ao remate en azul, xa che aparecerá unha ventaniña onde poderás escribir).
Debes presentarte (nome e idade) e contarme un pouco que che parece o mundo no que actualmente estamos mergullados das novas tecnoloxías e a sociedade da información. ¿Ves vantaxes e utilidade nos ordenadores? ¿e en internet? ¿ que che gusta máis de internet e para que o soes empregar?. Cóntame se empregas a miúdo aparellos tecnolóxicos como son o dvd, a cámara dixital, o mp3 ou ipod... ou por suposto, o ordenador e dime cal é o teu preferido. Tamén podes comentarme se cres que as novas tecnoloxías nos están a saturar ou pola contra teñen que implantarse máis e millor. ¿Lembras o teu mundo sen ordenadores, dvds, internet ou fotos dixitais? se é así ¿cres que antes se vivía mellor?
Bueno, estas son algunhas cuestións que me gustaría ver nos comentarios que fagades.
Agora atención:
Os cinco primeiros comentarios que cheguen ao blog, feitos por veciños e veciñas de Frades, obterán unha camiseta. Os catro comentarios seguines obterán un porta cd.
Pero isto non é todo. Se chegan ao blog un mínimo de 8 comentarios sortearase entre todos un pen drive para que poidas levar os teus arquivos dun ordenador a outro.
Sorte!
NOTA; a dinamizadora e adminsitradora do blog reservase o dereito de eliminar os comentarios que considere que non se axustan aos contidos requeridos e por suposto, os que estean redactados con palabras malsoantes ou sexan ofensivos.
jueves, 24 de mayo de 2007
A Rede de Dinamización estrea páxina web
En dita páxina, vos poderedes dar unha volta por tódalas entidades incluídas neste ambicioso proxecto, incluído Frades, por suposto; e ver o que son e o que fan.
Non o dubidedes e viaxade coa Rede de Dinamización e coas novas tecnoloxías por toda Galicia.
Saúdos!
martes, 22 de mayo de 2007
COLLAGE DE MARÍA MARIÑO
martes, 15 de mayo de 2007
Temos moitas celebracións!
Pois ben, ditas actividades consistiron en dous obradoiros; un concurso de collages sobre María Mariño, a poeta noiesa homenaxeada este ano, e un obradoiro sobre libros dixitais. Ambolos dous cunha duración de 4 horas cada un. Se ben teño que matizar que o obradoiro de collages se vai rematar este mércores día 16 xa que os participantes non conseguiron rematar as súas obras o día propio da actividade.
¿A participación? pois cinco foron, en total, as persoas que se apuntaron ás actividades e que agardo que pasaran un rato agradable e aprenderan algunhas cousas. Ademáis todas elas terán un pequeno agasallo por cortesía da Rede de Dinamización, que poderán recoller en canto me cheguen ao Concello.
Aquí podedes ver un par de fotos dos momentos onde estabamos a dixitalizar un cachiño do libro "Antoloxía do conto Galego", que recolle contos escritos por insignes autores galegos. Nos, escollemos os dous primeiros , un de Vicente Risco e outro de Castelao. En canto poida subireinos a este blog para que os podades ler en formato PDF.
AH! e a partires do 17 de maio poderédesvos achegar pola aula de informática para ver os collages que, a modo de exposición, colgaremos nas paredes. ¡Seguro que vos gustan!
miércoles, 9 de mayo de 2007
CHARLA DE SOFTWARE LIBRE
Terá lugar na aula de informática ou no multiusos que está xusto detrás do edificio da Casa do Concello.
Será a plataforma de Iniciativa Galega polo Software Libre, Mancomun.org a encargada de impartila.
A modo introductorio comentarvos que hai dous tipos de software; o privativo e o libre. O privativo seguro que é o que coñecedes mellor porque é o de Windows e o MacOS, pero se falamos de Linux... ¿sonavos?. Pois o Linux é un sistema operativo que pertence á categoría de software libre. E ¿ en que se diferencian o privativo do libre? pois en que o segundo non ten tantas limitación á hora de usalo, modificalo e distribuílo. Por exemplo, é ilegal copiar o windows vista, o xp o 98... e dárllelo aos teus amigos, pero non o é facer unha copia do teu sistema operativo Linux para entregarllo a outra persoa. Cando falamos de software libre non só falamos de sistemas operativos senón tamén de moitos programas e utilidades de calidade e que en moitas ocasións son gratuítas ou apenas teñen custe. En definitiva, que hai que enterarse de que vai todo isto!!!
Agardamos que sexa de interese e proveito para todos e que participen moitas persoas maiores, medianas e pequenas.
viernes, 4 de mayo de 2007
DE ESTREA
Téñovos que poñer ao tanto no só dos acontecementos futuros senón tamén dos que xa foron, porque a semana pasada rematou o curso de informática básica e internet que se viña desenvolvendo dende febreiro. Dito curso estaba programado xa dende o Concello antes de que eu chegara; eu decidín os contidos e estructureinos en obradoiros. Foron os seguintes:
O ordenador, ese estrano aparello; achegamento a internet; o correo electrónico; mensaxería instantánea, foros, chats e blogs; e finalmente un obradoiro de saúde. Os participantes foron entorno aos 22 anque 30 eran os apuntados.
Agora veñen as actividades para o Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e Sociedade da Información, uff que longo. Pero eso será materia para outro artigo, así que un saúdo para todo o Concello de Frades, en especial ás veciñas e veciños que xa participaron na primeria actividade e ás compañeiras e compañeiros da Rede de Dinanización e ánimo a todos.